jueves, 25 de abril de 2013

IMOS A BIBLIOTECA DO CONCELLO!

O COELLIÑO BRANCO

Ola familas!

Fai uns días visitaronnos os avós do concello para contarnos unha historia moi chula sobre un coelliño ó que lle quitaron a súa casa. Tamén nos ensinarón unha canción que bailamos nunha roda. Aquí podedes ver algunhas das fotos do que fixemos.

martes, 19 de marzo de 2013

miércoles, 20 de febrero de 2013

EXIPTO

Ola de novo! Como xa sabedes estamos a traballar sobre exipto e na clase estamos facendo unhas momias e un sarcofago. Mirade como o facemos.

FELICIDADES CLAUDIA E NURIA!

Moitas felicidades para as nosas compañeiras que cumpliron 6 anos o mesmo día.

ENTROIDO

Con un pouco de retraso aquí temos as fotos do entroido. Estamos tamén xuntando os diferentes vídeos do baile que fixemos para poder poñer ainda que sexa un anaquiño do ben que o fixemos. En canto poida poñereino no blog. Ah! como vos tamén tedes fotos os que queirades podedesmas deixar para que as compartamos aquí. Un saúdo.

O AVÓ DE GUILLE CONTOUNOS UN CONTO

Ola familias! Hoxe foi un gran día para todos nos; Toño, o avó de Guille veu ao cole para contarnos un conto que nos encantou a todos/as. Falounos dunha historia fantástica e moi emocionante sobre un neno que era pescador o que lle acontecián moitas aventuras. Os cangrexos e os pingüinos pasámolo en grande como podedes ver nas seguintes imaxes... Estamos moi agradecidos de que Toño nos visitase hoxe e esperamos que repita para vir a contarnos outro deses fantasticos contos. MOITAS GRACIAS TOÑO! E os demais xa sabedes...apuntádevos a pasar un ratiño divertido con todos nos.

domingo, 13 de enero de 2013

MÁIS NADAL

Ola a todos e a todas! En primeiro lugar Feliz Ano para todos. Tédesme que disculpar porque, como é habitual, despisteime co blog. Pensei que antes das vacacións colgara tódalas fotos do nadal pero como acabo de comprobar non foi así. Pídovos perdón polo despiste. Bueno, deixovos algunhas imaxes das cousas que fixemos no nadal.

FELICIDADES NICO!

Nesta semana celebramos o cumpreanos de Nico, xa ten 6. Estámonos facendo uns chicos. El foi o primeiro do ano pero deseguido veñen os demais. Preparádevos.