jueves, 20 de diciembre de 2012

UN POUCO MÁIS DE PREHISTORIA

Ola a todos e a todas! Como xa sabedes este trimeste aprendemos moitas cousas sobre a Prehistoria e fixemos moitas actividades que nos axudaron a coñecer máis cousas dos primeiros homes e mulleres que habitaron a Terra.
Aínda que fixemos máis cousas, aquí recollemos algunhas para que vexades canto traballamos.

Fixemos unha cova no pasillo e nela poidemos realizar diferentes pinturas rupestres...


Visitamos un castro que fixeron os nosos compañeiros de 3º de primaria...


Fixemos unha palloza...



E visitáronnos uns homes e unhas mulleres da prehistoria. A ver se coñecedes algún!

FELICIDADES LUIS!

Este mércores festexamos o quinto cumpreanos de Luis, aínda que faltan uns días para que os cumpra. É o noso compañeiro máis novo.
Preparádevos, en xaneiro comezamos a cumprir 6. Xa somos mozos e mozas!  Como pasa o tempo.

POSTAIS DE NADAL

Boas familias!
Como tódolos anos na nosa clase fixemos unhas postais de Nadal para colaborar coa campaña que se leva a cabo nos comercios do concello de Arteixo.
Este ano non nos facilitarón a información sobre onde se iban a exponer as da nosa clase pero hoxe confirmoume María, a nai de Nuria, que as podedes atopar repartidas entre a cafetería "Pasatiempo" e "Nattex".
Ah! como non sabedes como son aquí vos deixo unha copia un pouco ampliada.

domingo, 9 de diciembre de 2012

CHEGOU O NADAL!

Ola a todos e a todas. Xa case estamos en nadal e no cole empezamos a facer algunha cousiña. Nos próximos días iremos ensinando algo do que facemos, polo momento deixamos unha imaxen que nos vai preparando....

O RÍO MANDEO

Ola familias!
Despois dalgún tempo xa podo actualizar o noso blog. Pídovos disculpas pola tardanza pero non tiña o ordenador para poder colgar cousas.
Bueno, fai uns días visitáronnos uns mozos que nos contarón moitas cousas sobre o río Mandeo. Fixemos con eles algunhas actividades moi chulas.
Aquí deixamos algunhas fotos  para que vexades como nos contaron o conto que levamos para as nosas casas.


lunes, 12 de noviembre de 2012

martes, 6 de noviembre de 2012

POCIMAS

O día antes da festa de Samaín cociñamos unha terrorifica pócima para comer ao día seguinte. Mirade como a fixemos...



domingo, 28 de octubre de 2012

MONSTRUOS

Ola a todos e a todas! Estes días estamos traballando moito para celebrar o Samaín. Na clase fixemos unha pantasma e tamén uns monstruos que dan medo. Queredes velos?

lunes, 22 de octubre de 2012

UNHA VISTA Ó PASADO

Ola familias!
Xa sei que estas cousas son dos anos anteriores pero hai pais e nais que me comentaron que non as atoparan. Deixamolas aquí para poder lembralas cando nos apeteza.

viernes, 19 de octubre de 2012

A PREHISTORIA

Como sabedes todos e todas, na clase estamos coñecendo máis sobre a prehistoria. Átopamos algúns vídeos interesantes sobre o tema e algunha canción que nos gusta moito e queremos compartilos con vós.





A ver se vos gustan como a nos.

CHEGA O SAMAIN


Ola familia!
Como xa sabedes nuns días celebraremos o Samaín. Aquí deixamos uns videos para que vaiades ensaiado as cancións na casa.
Disfrutade.
                               





Ah!  o día 31 teremos festa de Samaín polo que poderemos ir ó cole disfrazados e pintados. Chegaravos unha nota a casa pero xa queda aquí o aviso.
Saúdos.

domingo, 7 de octubre de 2012

COMEZAN OS CUMPREANOS!

Felicidades a Aritz e a Marta polo seu 5 cumpreanos.
Aqui deixamos unhas fotos da festa na clase. Por certo, as tartas estaban moi boas.


PINCHA AQUÍ PARA DESCARGAR AS FOTOS

lunes, 24 de septiembre de 2012

OLA A TODOS E TODAS!

Despois de moito tempo xa temos un blog da nosa aula. Este ano trataremos de que poidades ver dende aquí algunhas das cousas que facemos na clase.
Espero que vos guste o que vaiamos poñendo nel. Tede un pouco de paciencia, xa me coñecedes....
Un saúdo.